BENITO RIAL FUNGUEIRIÑO

Publicaciones de mi padre sobre conservas, las Rias, Rianxo, Porto do Son, cultivos, literatura, poesia etc

Mi foto
Nombre:
Lugar: Porto do Son,- Iglesia 21 - 19970, A CORUÑA _ GALICIA, Spain

Benito Rial

20.6.09

Benito Rial Fungueiriño fue el primer conselleiro del colectivo

• 17 de mayo del 2005 PUBLICADO EN LA VOZ DE GALICIA (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/05/17/3735702.shtml)

• Versión en galego

Benito Rial Fungueiriño fue el primer conselleiro del colectivo

 ImprimirVolver
La constitución definitiva tuvo lugar el día 20 de octubre. Según el acta, en la asamblea se procedió al nombramiento de la junta directiva que «ha de rexila e administrala, conforme ao disposto no reglamento». Después se votó. Resultaron elegidos por mayoría «os irmáns seguintes: para conselleiro Benito Rial Fungueiriño; viceconselleiro Ricardo Abuín; para segredario Luis Noya Iglesias, para vicesegredario Xosé Pérez y para tesorero Xosé Domínguez».
Los vocales del colectivo electos fueron los vecinos de la villa Marcial Romero, Mariano Otero y Xesús Iglesias Torres.
El historiador Xesús Santos comentó que el nacimiento de la agrupación en el municipio rianxeiro tuvo un apoyo masivo por parte de los ciudadanos.
El colectivo de Rianxo tenía alrededor de cien socios. Sin embargo, en Asados llegaba a los doscientos y en Araño también rondaba el centenar de inscritos.
Las altas fueron masivas. Estaba más implantado en la villa rianxeira que en las ciudades de Vigo y de Pontevedra, donde se había fundado el Partido Galeguista.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177

26.3.08

Porto do Son


31.12.07

CONTENIDO REGISTRADO

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

9.12.07

ENLACES CON OUTRAS PAXINAS DE BENITO RIAL

Pulsa os siguientes enlaces para ir a outras paxinas:

http://funguerino.blogspot.com/ Poesía

http://conserveras.blogspot.com/ Rianxo

http://fungueirinopensamentos.blogspot.com/

http://funguerinoconservas.blogspot.com/ Pesca

http://funguirinoson.blogspot.com/ Porto do Son

11.9.07

Actualidade local

Curiosamente, todas as publicacions, son noticias da actualidade... a pesar de estar publicadas fai moitos anos.

5.9.07

SALVOUNOS UNHA MOTORA

Querovos contar a vida
-anque boa e de contar-
Dunha casa mariñeira
Sostida con bens do mar

¿a tua?
¿quizais a de outro..
Mesmo a miña ¡tanto da!

Comezamos cunha dorna
Unico herdo do meu pai,
A casiña e unhas leiras
Por parte de miña nai

¡nosa casa, nosa dorna
Sempre vos hei de lembrar!

A casa e coma unha dorna
Varada a veira do mar.
A dorna unha casa en vela
Case un segundo fogar
Coas suas tillas morniñas
Como o colo dunha nai
Na casa todo e agarimo
Cando chegamos do mar


Coa suas mais de raiña
Acariñanos mamai
A sus mans feiticeiras
Nadas para agarimar

Ben cediño os pasos nosos
Xa van borrando na area
Os mensaxes misteriosos
Que na mananciña leda
Escribiron as gaivotas
E ha de arquivar a marea

Millenta ubres da alborada
Muxen as mil mans do dia

A dorniña, aparellada
Faille cara a nordestia

Meu pai, a escota na man
Nos a caron a vixiar

Dende ben pequerrechiños
Isa foi a nosa escola
Unhas vegadas en Salvora
As mais nas pozas de fora
E nos Carreiros do Sagres
Ou en Baia e nas Basoñas

A leicion de cada dia
Foi de moi irtia laboura
E a leda de andar cos peixes
As estrelas, as gaivotas…

Mais a leicion de esa noite
Foi de prantos e congoxas

A escola, a pequena dorna
Con un refacho dou volta

Nadamos os penedios…

Salvounos unha motora.


Bieito Rial Fungueiriño
Agosto de 1.972

Nista motora que nos salvou quero simbolizar as outras moitas cousasque han salvarnos: O progreso, a tecnica e todo iso. Anque nun curuncho, moi intimo, do noso ser teñamos acochada, como a dunha nai, a lembranza da dorna



Bieito Rial fungueiriño

24.8.07

Soneto dos aboengos


SONETO DOS ABOENGOS

Non tes que estar de iso fachendoso
non hay blasons nos capoeiros do ceo
Digocho por que sinceramente creo
que ti de sangue azul non tes un chisco

Si vas a emcabuxarte, xa me lisco
e deixote cas tuas tolerias,
cas tuas teimas de xenealoxias
que eu a ese andacio non me arrisco

Embora dos teus blasons e zures,
arruallo da tua ascendencia
pero por moito, moito que me apures
naceras xunto o Rhin ou xunto o Tambre
o que conta e a descendencia
e esta disque foui descer dun albre...

Outono do 80

11.10.06

Campaiñas da Atalaia
hoxe hay que repinicar
co ledicia de alborada!

decatadevos? e o Mar
que vos fai compañamento
co seu ronco resoar

Non defraudedes a o vento
que por virvos escoitar
deixou o seu campamento
veranceiro alen do mar

que louco acenar de panos...
Son escumas da Sagrada
que estan chamando as gaibotas
Gaiteiras de esta alborada
que comenza en Suirexa
e remata na Sagrada

Porto do Som, Setembro do 1973

por Bieito Rial Fungueiriño

10.9.06

REMEIROS DE RIANXO, NAS REGATAS

 Posted by Picasa

8.9.06

FESTA NO PORTO DO SON




Posted by Picasa

6.9.06

TRABAJOS PUBLICADOS

5.9.06

OS MEDOS

O faro chiscalle un ollo
A escurida, alcayota
O vento abarloa nubes
Como velas sin escota

A lua fai ciabogas
A escurida que se afoga

O sol dende lonxe axexa
Como a alborada escorrenta
Cada soma medoñenta
Medos que a noite cobexa


Bieito Rial, inverno de 1.970

OS SONOS ESTRAVIADOS


A noite apuroulle os cans
Os sonos extraviados

A luzada dilixente
Axudoulle a escorrentalos

Polo nacente alborotan
Os desafios dos galos

Greas de mouros cabalos
Que non topan os viviros
Da bretementa alborada

A lua chea de sono
Acochou a testa cansa
Nunha almofada de nubes
En nun leito de montanas

Bieito Rial

NIHIL NOVUM

Hasta en la selva virgen
Huele a tabaco rubio
Y a jabón fenicado

¡Oh mundo sin rincones
Ni misterios lejanos!

Preso en las mallas
De los paralelos
Y los meridianos

Cual los reclusos
Engrilletado

Un número en la espalda
Tantos y tantos grados

Benito Rial, mayo de 1949

TODO PASA

Pasaban los días
En rosario de horas
Una, otra, otra…

Pasaban las vidas
Proyección de sombras
Una, otra, otra…

Sin dejar estela
Pasaban las cosas
Una, otra, otra…

Pasaban las horas
Las vidas, las cosas
Una, otra, otra…


Bieito Rial
Rianjo, 2 de mayo de 1949

CONCERTO A LUA NO CAMPO DARRIBA

Nun pentagrama de vagas
As nubes pingan corcheas

A lua nova solfea

O vento dabaixo canta

A ria e un infindograma
Con semifusas de prata

Estrelas nadas no ceo
Esmorecidas nas augas

¡Unha soave partitura
Que a noite toca o piano!

No campo darriba

No campo dabaixo

A lua e quen alumea
O vendabal o que canta

¡Voltalle a folla, ventiño!

¡Viralle a vela
Na boa… na mala!


Bieito Rial, 1973

¿DOS ANXOS OU DOS MONOS?

O sol e de ouro
A lua e as estrelas son de prata.

Na escura calderilla dos planetas
A Terra un patacon sin importancia
Unha esmola de Deus a os probes diaños

Arredados do Ceo, malpocados,
Porque no Ceo xa andaban endiañados.

I endiañados andan

Os cornos que perderon nos corpos
Inda os levan na alma

¡Ay! ¿baixaron do Ceo
Ou baixaron dos albres?


Bieito Rial, marzal do 1.978

FOGAR

Teño fariña munda
De millo pego
Que xa esta mesturada
co seu centeo

Hei facer unha masa
Tal coma queixo

An sair unhas bicas
Diñas dun crego

Saira o pan quentiño
Para comelo
Cando cheguen das leiras
Cansos, mais ledos
O meu home e os fillos
Cos bois bermellos

Poreilles o caldiño
De unto vello
E compango comprido
Peixe e cachelos
Que anque u non os coma

Gorentareinos

Fartense eles

Bieito Rial 21-8-74

AULA MAGNA

Sendo moi meniños
Soo o mar foi a nosa escola
Unhas vegada en Rua
Outras en Salvora ou Vionta

E no Barreiro de Sagres,
E na do Freire e a Monxa
Ou naquel de mais a terra
Que e pasantia das dornas

As leicios, case a cotio
Eran de leda laboura
Estudabamos os peixes,
As estrelas, as gaivotas…

Mais a leicion de unha noite
Foi de dinamita e polvora.

A escola-a pequena lancha-
Estoupou con unha bomba

Alguns chegamos a terra
Os mais morreron na estoura
E atingaron o Ceo

¡ Deus os teña ala arestora!

Portoson, 1972

AS NUBES

¿Quen sabe de donde e a que veñen
Estes fatos de nubes tan luxadas
Que nin fasquia nin feitio teñen,
Tan informes, tan esfarrapadas?

Chegan pra rañar as costas
Nos curutos do Barbanza

Mais (baixo os farrapos) traen
Piollos de ouro e de prata

Pingas de choiva, de vida…

Aquí veñen espiollalas

Bieito Rial Fungueiriño
Setembro do 1.979

24.8.06

ALBORADA

Nos cumes do barbanza
axexa un dia novo.

Cristas de sol, bermellas
Esparcen sobre as tellas
cacarexos sonoros de gaitas de galos

¡ Xa resucita o dia ¡

¿Quen foguetea o ceo adormiñado?

¿Qué son latexante acocha a Ria?

¿Que milleiros de mans
estan muxindo esta luz, este leite
Por Dordo e os Outeiros espallado?

¿Quen sementou nas faces as surrisas?

¿Quen encendeu o fogo das olladas
Nestas facianas ledas,
Coroadas co sol desta luzada?

¡que luces ascendidas estas festas
¡que garoula nas ruas

Pompelas de coores coma luas,
Estrelas pequeniñas como arestas

¡que alborada.

A luz recentementa nada
Revivicindo as carballeiras mestas
Vai descochando os montes
Despertando as casiñas na alborada

A FAME

A fame chamou as portas
dos mariñeiros da Vila
Un xa liscaron pra fora
e outros faranno axiña

Poque os mariñeiros fuxen
cando fuxen as sardiñas

¿E as sardiñas porque fuxen?
as sardiñas fuxen porque
pola noite as bombas ruxen
botadas por mans moi torpes
e nai concencia de clas
y en troque hay moitedumes
con instinto de arroas

Fuxen como fuxe a lebre
perseguida por os cans...

Outono 80

OUBEO DOS CANS

A noite foise afogar,
alen de todas as terras
no cadaleito do mar

Poque non podia mais
con tanto cantar dos galos
e tanto oubear dos cans

Cantade galos gaiteiros
cans, oubeade, oubear
xa veredes cando o saiban
os dous galans cabaleiros
Sirio e Aldebaran

Ha de valeros de nada
que alua, vosa alcaiota
rompa a choromicar

Outono , 1980

CAMPAIÑAS DA ATALAIA

Campaiñas da Atalaia
hoxe hay que repinicar
co ledicia de alborada!

decatadevos? e o Mar
que vos fai compañamento
co seu ronco resoar

Non defraudedes a o vento
que por virvos escoitar
deixou o seu campamento
veranceiro alen do mar

que louco acenar de panos...
Son escumas da Sagrada
que estan chamando as gaibotas
Gaiteiras de esta alborada
que comenza en Suirexa
e remata na Sagrada

Porto do Som, Setembro do 1973

por Bieito Rial Fungueiriño

O XUGO

Por Benito Rial Fungueiriño

Mais ala dos piñeirais
caeu a lua ferida.

Nos sobrados e nas cortes
esta en punto morto a vida

O lonxe oubean os cans
escorentando a mencida

Os bois bruan que inda e noite
os galos cantan que e dia

"cantar, galiños, cantade
-parecen decir no bruo-
vos ven podedes cantar
que non vos agarda o xugo"

Outono 1980

Bieito Rial

Os dous camiños de Santiago


Sempre houbo dous camiños de Santiago
¡ay, vellas tradicions!
Un na terra decote percorrido
por xentes de toda condicion

Servos ou señores
Santos ou xoglares
Bispos, menestrales
Sabios, trobadores,
Reis, emperadores

Outro no ceo de estreliñas
cortexo de raiñas
que dende o fondo mesmo da creacion
veñen en romaxe do alen,
como outrora a Belen, en peregrinaxe
a pousarse sobre o Libredon
e ofrecendo o tributo da sua adoracion

A VILA DE RIANXO

As casiñas da Vila eran brancas
como un voo de pombas.

A ria era un relampo verde
como os ollos das mozas.

As faces e as verbas tristeiras
como cando non hai sorte

Pero o ceo e o vento eran ledos
coma os coores da aurora

As dornas, carenadas de loito
como os panos das donas

`Mais o vento entre os albres rebuldeiro
Como o cantar das fontes

¿Por que a vida ha de mesturar sempre
como o pintor os coores
as poucas boandanzas e ledicias
co a tristura e os doores?

Outono do 1.980

Escoitado o pasar


Onde escoitei estas verbas
cheas de sono e de frio
¿toutiñando entre a bretema
dalgun peirao esquencido?

Nos calexons neboentos
tatexantes acordeons
din historias de naufraxios

Piloto, tripulacions ...

"Non sinto o barco que naufragou
si o nostramo e o patron.
Os compañeiros que morreron
e a mar brava os tragou"

"Señor capitan queremos salir
Largar as velas do bergantin...

Portoson, outono do 80

POBRE MIÑA TERRA


Pobre vaca cega
No medio da braña
e non velä herba

Pobre dorna vella
¡que mar, que ventisca
sin masto e sin vela!

Pobre pobo antergo
cheo de camiños
e ningun vieiro.

Como a vaca cega
como a dorna vella
pobre pobo antergo
¡Pobre miña terra...!


Portoson, 22 febreiro 1972

RONSELES DO CEO


¿Levara o mar un libro de bitacora
onde inscriba os ronseles?
¿Rexistrara -folio, matricula,data-
o que foi deles?
¿Teraos arquivados nos Fisterres?
¿Por fada
desertaranlle en cada recalada?

A o mar os seus ronseles non lle desertan, non

Mais, hai un dia
cousas do corazon
que os troca en suspiros

Van a Terranova
E o Gran Sol...

Anque ese ronseles, creo
Non son do mar
¡Son do Ceo¡

Portoson, setembro do 1.973

AREIÑAS DE OURO


Areiñas de ouro

do rio das pedras,
non ter arruallo
que na primavera
tamen as chorimas
-tan humildes elas-
non teñen envexa
da vosa riqueza

Non teñan envexa
¿por que han de tela?
Vos sodes da terra,
elas son do Ceo
Tal vez vos luzades
nunha real testa
quizaves alfoias
para unha princesa

Mais elas nos mayos
tamen son diademas
e xoias das fadas
zume das abellas
i o aire faise vento
pra xogar con elas
¿vos sodes dos reises?
elas dos poetas

Areiñas de ouro
do rio das pedras
non ser fachendosa
nonser pantalleiras
non ter arruall
sodes so areas...

Sodes so o simbol

de unha entelequia.

Sodes a imaxe

da pobre riqueza

non seredes nada

hasta ser como elas

Non ser envexosas

non lle ter envexa

Vos sodes o brilo

elas o recendo

vos o arruallo

a humildade, elas

elas son curmans

da humilde violeta

da brava carroucha

do aspero codexo

recendente fiuncho

refrescante menta

arentes do chan

¡hay romeu, ai ruda¡

Mais que froles, hervas

na vosa humildade

sodes cal estrelas

que sendo tan grandes,

vense tan pequenas.

Irmans dos panpiños

e das margaredas

todas as froriñas

de xogar as nenas

facendo colares,

facendo cadeas


5.9.98

EL HIJO PRODIGO

Cayó de mi alta torre
Y se hizo añicos
El ultimo propósito
Malgastando el tesoro
Que me diste en depósito

Bebí en infectas copas…

Y entre la piara,
Pazco bellotas.



Rianxo, 25 de mayo de 1.949

Bieito Rial Fungueiriño