BENITO RIAL FUNGUEIRIÑO

Publicaciones de mi padre sobre conservas, las Rias, Rianxo, Porto do Son, cultivos, literatura, poesia etc

Mi foto
Nombre:
Lugar: Porto do Son,- Iglesia 21 - 19970, A CORUÑA _ GALICIA, Spain

Benito Rial

5.9.06

CONCERTO A LUA NO CAMPO DARRIBA

Nun pentagrama de vagas
As nubes pingan corcheas

A lua nova solfea

O vento dabaixo canta

A ria e un infindograma
Con semifusas de prata

Estrelas nadas no ceo
Esmorecidas nas augas

¡Unha soave partitura
Que a noite toca o piano!

No campo darriba

No campo dabaixo

A lua e quen alumea
O vendabal o que canta

¡Voltalle a folla, ventiño!

¡Viralle a vela
Na boa… na mala!


Bieito Rial, 1973

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio