FOGAR
Teño fariña munda
De millo pego
Que xa esta mesturada
co seu centeo
Hei facer unha masa
Tal coma queixo
An sair unhas bicas
Diñas dun crego
Saira o pan quentiño
Para comelo
Cando cheguen das leiras
Cansos, mais ledos
O meu home e os fillos
Cos bois bermellos
Poreilles o caldiño
De unto vello
E compango comprido
Peixe e cachelos
Que anque u non os coma
Gorentareinos
Fartense eles
Bieito Rial 21-8-74
De millo pego
Que xa esta mesturada
co seu centeo
Hei facer unha masa
Tal coma queixo
An sair unhas bicas
Diñas dun crego
Saira o pan quentiño
Para comelo
Cando cheguen das leiras
Cansos, mais ledos
O meu home e os fillos
Cos bois bermellos
Poreilles o caldiño
De unto vello
E compango comprido
Peixe e cachelos
Que anque u non os coma
Gorentareinos
Fartense eles
Bieito Rial 21-8-74
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio