AREIÑAS DE OURO
Areiñas de ouro
do rio das pedras,
non ter arruallo
que na primavera
tamen as chorimas
-tan humildes elas-
non teñen envexa
da vosa riqueza
Non teñan envexa
¿por que han de tela?
Vos sodes da terra,
elas son do Ceo
Tal vez vos luzades
nunha real testa
quizaves alfoias
para unha princesa
Mais elas nos mayos
tamen son diademas
e xoias das fadas
zume das abellas
i o aire faise vento
pra xogar con elas
¿vos sodes dos reises?
elas dos poetas
Areiñas de ouro
do rio das pedras
non ser fachendosa
nonser pantalleiras
non ter arruall
sodes so areas...
Sodes so o simbol
de unha entelequia.
Sodes a imaxe
da pobre riqueza
non seredes nada
hasta ser como elas
Non ser envexosas
non lle ter envexa
Vos sodes o brilo
elas o recendo
vos o arruallo
a humildade, elas
elas son curmans
da humilde violeta
da brava carroucha
do aspero codexo
recendente fiuncho
refrescante menta
arentes do chan
¡hay romeu, ai ruda¡
Mais que froles, hervas
na vosa humildade
sodes cal estrelas
que sendo tan grandes,
vense tan pequenas.
Irmans dos panpiños
e das margaredas
todas as froriñas
de xogar as nenas
facendo colares,
facendo cadeas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio