BENITO RIAL FUNGUEIRIÑO

Publicaciones de mi padre sobre conservas, las Rias, Rianxo, Porto do Son, cultivos, literatura, poesia etc

Mi foto
Nombre:
Lugar: Porto do Son,- Iglesia 21 - 19970, A CORUÑA _ GALICIA, Spain

Benito Rial

10.9.06

REMEIROS DE RIANXO, NAS REGATAS

 Posted by Picasa

8.9.06

FESTA NO PORTO DO SON




Posted by Picasa

6.9.06

TRABAJOS PUBLICADOS

5.9.06

OS MEDOS

O faro chiscalle un ollo
A escurida, alcayota
O vento abarloa nubes
Como velas sin escota

A lua fai ciabogas
A escurida que se afoga

O sol dende lonxe axexa
Como a alborada escorrenta
Cada soma medoñenta
Medos que a noite cobexa


Bieito Rial, inverno de 1.970

OS SONOS ESTRAVIADOS


A noite apuroulle os cans
Os sonos extraviados

A luzada dilixente
Axudoulle a escorrentalos

Polo nacente alborotan
Os desafios dos galos

Greas de mouros cabalos
Que non topan os viviros
Da bretementa alborada

A lua chea de sono
Acochou a testa cansa
Nunha almofada de nubes
En nun leito de montanas

Bieito Rial

NIHIL NOVUM

Hasta en la selva virgen
Huele a tabaco rubio
Y a jabón fenicado

¡Oh mundo sin rincones
Ni misterios lejanos!

Preso en las mallas
De los paralelos
Y los meridianos

Cual los reclusos
Engrilletado

Un número en la espalda
Tantos y tantos grados

Benito Rial, mayo de 1949

TODO PASA

Pasaban los días
En rosario de horas
Una, otra, otra…

Pasaban las vidas
Proyección de sombras
Una, otra, otra…

Sin dejar estela
Pasaban las cosas
Una, otra, otra…

Pasaban las horas
Las vidas, las cosas
Una, otra, otra…


Bieito Rial
Rianjo, 2 de mayo de 1949

CONCERTO A LUA NO CAMPO DARRIBA

Nun pentagrama de vagas
As nubes pingan corcheas

A lua nova solfea

O vento dabaixo canta

A ria e un infindograma
Con semifusas de prata

Estrelas nadas no ceo
Esmorecidas nas augas

¡Unha soave partitura
Que a noite toca o piano!

No campo darriba

No campo dabaixo

A lua e quen alumea
O vendabal o que canta

¡Voltalle a folla, ventiño!

¡Viralle a vela
Na boa… na mala!


Bieito Rial, 1973

¿DOS ANXOS OU DOS MONOS?

O sol e de ouro
A lua e as estrelas son de prata.

Na escura calderilla dos planetas
A Terra un patacon sin importancia
Unha esmola de Deus a os probes diaños

Arredados do Ceo, malpocados,
Porque no Ceo xa andaban endiañados.

I endiañados andan

Os cornos que perderon nos corpos
Inda os levan na alma

¡Ay! ¿baixaron do Ceo
Ou baixaron dos albres?


Bieito Rial, marzal do 1.978

FOGAR

Teño fariña munda
De millo pego
Que xa esta mesturada
co seu centeo

Hei facer unha masa
Tal coma queixo

An sair unhas bicas
Diñas dun crego

Saira o pan quentiño
Para comelo
Cando cheguen das leiras
Cansos, mais ledos
O meu home e os fillos
Cos bois bermellos

Poreilles o caldiño
De unto vello
E compango comprido
Peixe e cachelos
Que anque u non os coma

Gorentareinos

Fartense eles

Bieito Rial 21-8-74

AULA MAGNA

Sendo moi meniños
Soo o mar foi a nosa escola
Unhas vegada en Rua
Outras en Salvora ou Vionta

E no Barreiro de Sagres,
E na do Freire e a Monxa
Ou naquel de mais a terra
Que e pasantia das dornas

As leicios, case a cotio
Eran de leda laboura
Estudabamos os peixes,
As estrelas, as gaivotas…

Mais a leicion de unha noite
Foi de dinamita e polvora.

A escola-a pequena lancha-
Estoupou con unha bomba

Alguns chegamos a terra
Os mais morreron na estoura
E atingaron o Ceo

¡ Deus os teña ala arestora!

Portoson, 1972

AS NUBES

¿Quen sabe de donde e a que veñen
Estes fatos de nubes tan luxadas
Que nin fasquia nin feitio teñen,
Tan informes, tan esfarrapadas?

Chegan pra rañar as costas
Nos curutos do Barbanza

Mais (baixo os farrapos) traen
Piollos de ouro e de prata

Pingas de choiva, de vida…

Aquí veñen espiollalas

Bieito Rial Fungueiriño
Setembro do 1.979