BENITO RIAL FUNGUEIRIÑO

Publicaciones de mi padre sobre conservas, las Rias, Rianxo, Porto do Son, cultivos, literatura, poesia etc

Mi foto
Nombre:
Lugar: Porto do Son,- Iglesia 21 - 19970, A CORUÑA _ GALICIA, Spain

Benito Rial

11.9.07

Actualidade local

Curiosamente, todas as publicacions, son noticias da actualidade... a pesar de estar publicadas fai moitos anos.

5.9.07

SALVOUNOS UNHA MOTORA

Querovos contar a vida
-anque boa e de contar-
Dunha casa mariñeira
Sostida con bens do mar

¿a tua?
¿quizais a de outro..
Mesmo a miña ¡tanto da!

Comezamos cunha dorna
Unico herdo do meu pai,
A casiña e unhas leiras
Por parte de miña nai

¡nosa casa, nosa dorna
Sempre vos hei de lembrar!

A casa e coma unha dorna
Varada a veira do mar.
A dorna unha casa en vela
Case un segundo fogar
Coas suas tillas morniñas
Como o colo dunha nai
Na casa todo e agarimo
Cando chegamos do mar


Coa suas mais de raiña
Acariñanos mamai
A sus mans feiticeiras
Nadas para agarimar

Ben cediño os pasos nosos
Xa van borrando na area
Os mensaxes misteriosos
Que na mananciña leda
Escribiron as gaivotas
E ha de arquivar a marea

Millenta ubres da alborada
Muxen as mil mans do dia

A dorniña, aparellada
Faille cara a nordestia

Meu pai, a escota na man
Nos a caron a vixiar

Dende ben pequerrechiños
Isa foi a nosa escola
Unhas vegadas en Salvora
As mais nas pozas de fora
E nos Carreiros do Sagres
Ou en Baia e nas Basoñas

A leicion de cada dia
Foi de moi irtia laboura
E a leda de andar cos peixes
As estrelas, as gaivotas…

Mais a leicion de esa noite
Foi de prantos e congoxas

A escola, a pequena dorna
Con un refacho dou volta

Nadamos os penedios…

Salvounos unha motora.


Bieito Rial Fungueiriño
Agosto de 1.972

Nista motora que nos salvou quero simbolizar as outras moitas cousasque han salvarnos: O progreso, a tecnica e todo iso. Anque nun curuncho, moi intimo, do noso ser teñamos acochada, como a dunha nai, a lembranza da dorna



Bieito Rial fungueiriño